Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1145
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto; De iconostasio
Autor/a Anónimo
Título Trindade do Novo Testamento
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón
Elementos sustentados: Témpera [Cores: dourado, branco, vermello, verde, azul e amarelo]
Técnica Talla [Marco]
Pintura a man alzada
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3,20 cm; Altura = 106,20 cm; Anchura = 80,20 cm
Descripción Icona rectangular de grandes dimensións coa representación da Trindade do Novo Testamento.
No centro aparecen entronizados Deus Pai e Xesús coa pomba que representa o Espírito Santo entre eles. O primeiro é representado como un ancián de branca túnica, cabelo e barba longos. Sostén un filacterio na man esquerda e bendí a Cristo coa dereita. Sentado á súa dereita, Deus Fillo aparece co libro na man dereita e coa esquerda sostén o que semella o globo terráqueo coa cruz sobre el. Ambos os dous están rodeados por unha orla azul con estrelas, o sol e a lúa e querubíns nos catro puntos cardinais. Nas catro esquinas, entre nubes, vemos o tetramorfos: o home na esquina superior esquerda asociaríase a Mateo; o león da esquina inferior esquerda asociaríase a Marcos; a aguia da esquina superior dereita a Xoán; e o touro da esquina inferior dereita con Lucas. Na parte superior ábrese una sección triangular coas diferentes categorías celestiais: querubíns, serafíns e anxos.
Iconografia Santa Trindade do Novo Testamento; Tetramorfos; Anxos; Xesús; Espírito Santo; Deus Pai
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior., Pintado a man alzada
(1800-1850)
[Inscrición en cirílico pintada a man alzada en cor negra.]
Datación 1810[ca] (Comezos do s. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa de iconostasio xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Formaban parte do iconostasio que
separa, nas igrexas ortodoxas, a parte pública daquel espazo accesible unicamente ao celebrante. Reproducen santos de gran devoción, santos patróns da zona así como as festas do calendario litúrxico ortodoxo.
As representacións máis antigas da Trindade do Novo Testamento aparecen en manuscritos bizantinos do século XI. Non obstante, na tradición ortodoxa estaba prohibido representar a Deus Pai polo que era representado como un Xesús ancián. Aparece vestido con túnica branca e sentado no trono cun Cristo mozo nos seus xeonllos, quen sostén un medallón co Espírito Santo. Por influencia da arte católica, desde o século XVII foron aparecendo iconas onde Deus Pai e Cristo están os dous no trono un fronte ao outro, co Espírito Santo sobre eles.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Lamas Gesto, Vanessa
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6